A edificación e unha antigua palleira, ten unha antigüedade superior os 120 anos, era un anexo da casa de labranza do avó Felisindo.
Está situada na aldea de Outeiro de Orraca, probablemente a orixe sexa dun casal medieval, un dos tantos creados na idade Media no municipio de Allariz e como o seu nome indica e lóxico ligalo o nome de Doña Urraca, moi relacionada coa historia de Allariz onde gobernou pola orde directa de Alfonso VI quen transformou Allariz nunha Vila Real. A aldea está o pé da "Calzada", unha derivación da VIA XVIII, que comunica con outra que une Celanova con Ourense.
A aldea viviu ata mediados do século XX da actividade agrícola y gandeira, combinando a producción de cereais, patatas, carne e leite de vacún destinadas a venta e o autoconsumo.